Visita á Casa Grande de Xanceda, Mesía e a Área Recreativa de Visantoña
Os alumnos de 6º de Educación Primaria xunto aos alumnos da aula verde de Educación Especial, visitaron no día de hoxe a Casa Grande de Xanceda. Esta granxa situada no concello de Mesía, traballa dende hai 40 anos na produción de leite; dende hai 10 traballa con certificado de produtos ecolóxicos e dende hai 4 anos fai un iogur ecolóxico 0% que moitos dos rapaces xa coñecían dalgúns supermercados da zona onde viven. Ademais conta con numerosos atractivos que comentaremos:
.jpg)
Comezamos nunha sala coa proxección dun vídeo introdutorio onde se facía un percorrido polo mundo da agricultura ecolóxica, dos beneficios desta para a saúde – fundamentalmente nos alimentos – e dos procesos que se levan a cabo na granxa.
Dividimos en dous grupos con cadansúa monitora, abandonamos a sala para comezar a visita polos diferentes e abondosos lugares da granxa. Así no Eco Zoo os alumnos puideron ter contacto directo cos animais: cabras, ovellas, ponis, porcos e galiñas … Na Eco Horta vimos os prados e os lugares de plantación máis importantes da granxa onde se alberga un invernadoiro.
.jpg)
No Mini Establo puideron darlle o biberón aos becerros e ver outras vacas máis maiores. Ao mesmo tempo rastrexaron a palla para achegala ao lugar onde comen as vacas simulando o traballo dos gandeiros.
Nos diferentes desprazamentos podían ollar o extenso terreo que as preto de 400 vacas teñen para o proveito así como o coidado dos prados onde non existen os famosos pesticidas e todo se traballa en base a unha agricultura ecolóxica e saudable.
.jpg)
Xa para concluír os que quixeron visitaron a Tenda onde se poden adquirir calquera dos produtos da granxa. Todo isto nun enclave único a carón da Casa Grande de Xanceda, unha casa do século XIII.
.jpg)
A carón estaba o campo de fútbol do Vilasantar, un campo de herba sintética onde os nenos puideron xogar ao fútbol.
.jpg)
Xa ás 17:00h chegamos ao noso cole co cansazo de costume pero tamén coa sensación de voar neste día cargado de atractivos e emocións. Esta era a primeira vez que os alumnos do noso colexio visitaban A Casa Grande de Xanceda e dende logo que non será a derradeira polo bo sabor que nos deixou.
{jcomments on}
6 Ed.Primaria, Axenda21, Ciencias, Curso 14/15, Salida Cultural, Voz Natura