Hoxe, fomos azuis
O 2 de abril , Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, o colexio sumouse á campaña mundial realizando unas charlas e cubrindo a fachada e zonas comúns con globos azuis.
Para tentar de achegar ao alumnado as necesidades das persoas autistas ou con TEA (Transtorno Espectro Autista), un grupo de profesoras e alumnos de Educación Especial percorreron as aulas do mesmo. A través dun conto (Fálame), un corto (El viaje de María) e una película (Unha viaxe inesperada) os alumnos/as do centro achegáronse á realidade cotiá das persoas con TEA, as súas familias, educadores…
Celebraciones, Curso 13/14, Educación Especial, Educación Infantil, Educación Primaria, ESO