Skip to main content

O Traxe Novo do Rei

O pasado martes 4 de febreiro tivemos a sorte de asistir no noso salón de actos á obra de teatro «O Traxe Novo do Rei. Un teatriño de títeres cun maravilloso actor que deleitou coas súas voces e monicreques ós nenos/as de Infantil, 1º e 2º ciclo de Primaria.
 

Así mesmo, os nenos de 5 anos traballaron como se elaboran as entradas  para asistir a distintos eventos: circo, concertos, museos, acuarios, teatros….mediante un diálogo dirixido con preguntas tales como :¿qué necesitamos para entrar?…todos contestan: UNHA ENTRADA. Pasaron así a outras preguntas como canto custa, que datos levan as entradas, a que hora temos que estar alí, etc.

 
Así, aproveitaron que tiñamos a obra de teatro no salón de actos para elaborar as súas propias entradas para poder asistir.

                             
Con ela baixaron ó teatro e alí toparon unha acomodadora que lles ticou a entrada cunha taladradora e lles indicou onde se tiñan que sentar.

        
 
 Foi unha experiencia moi motivadora para os nenos/as.¡ Nunca fixeran unha fila tan ben! Non me extraña, xa que se non lles ticaban a entradan non podían acceder ó teatro.

 

Comparte esto:

1 Ed.Primaria, 2 Ed.Primaria, 3 Ed.Primaria, 4 Ed.Primaria, Actividad Cultural, Curso 13/14, Educación Infantil, Educación Primaria, Teatro