Skip to main content

Representación de textos bíblicos na clase de Relixión

Ao longo do trimestre, os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria estamos traballando un proxecto de representación de textos bíblicos. Baseado neles creamos os nosos propios guións, repartimos papeis entre os membros do grupo, axustamos os guións ao tempo, engadimos recursos de decorados e preparamos as vestimentas. Antes de finalizar o trimestre terá lugar o Producto Final do proxecto coas representacións teatrais.

 

Os obxectivos do proxecto son adquirir un maior coñecemento da Biblia, dos personaxes bíblicos máis importantes e dos acontecementos históricos máis destacados. Do mesmo xeito levamos a cabo traballo cooperativo, expresión escrita e oral, traballo memorístico e representativo e moita creatividade.  

 

 

 

 

 

Comparte esto:

5 Ed.Primaria, 6 Ed.Primaria, Curso 17/18, Educación Primaria, Pastoral, Religión