Skip to main content

«Visita ao CIFP Carlos Oroza. 4 ESO.»

O mércores día 8 de maio os alumnos de 4º de E.S.O fixemos unha saída cultural ao Carlos Oroza con motivo dunha charla sobre os bacharelatos e formacións profesionais que se imparten nese centro. Ao chegar, dous alumnos estudantes presentáronse e fixeron de guías; a coordinadora ensinounos unha presentación en Power Point explicándonos que teñen: un bacharelato de guías turísticos e de tempo de lecer e un ciclo de formación profesional de cociña. Despois nos ensinaron un vídeo no que cunha canción, varios alumnos fixeron un videoclip de guías e organizadores de tempo de lecer, de limpeza e cociña. Logo, dividímonos en dous grupos e cada un foi co seu guía. Ensináronnos as instalacións e derónnos unha pequena explicación de todo.
 
Ao rematar, leváronnos á cafetaría e déronnos un pequeno aperitivo con varios bocadillos de xamón e queixo, batidos de chocolate, amorodos e vainilla, cócteles de varios sabores, pexego caramelizado, croissants, napolitanas, biscoitos…. e moitas cousas máis e todas excelentemente exquisitas!

Comparte esto:

ESO