Skip to main content

«Domund 2013. 6 de Educación Primaria»

 
Este ano comprometémonos de novo coa labor solidaria polo día do DOMUND. Traballamos o tema nas clases e visionamos un corto coa historia de Mao, unha nena que foi capaz de superar a súa dificultade grazas á súa fe, ó apoio da xente que estaba ó seu redor (familia, amigos…) e á labor solidaria que se estaba levando a cabo en Camboia para que as persoas que sofren as consecuencias da guerra teñan unha vida plena e feliz.

A nosa labor solidaria consistiu en comprometernos coa realidade do colexio e na casa: axudar ós compañeiros/as cando o precisen, compartir as cousas e os bos momentos, axudar máis nas tarefas do fogar…

Non só isto, senón que varios grupos de nenos/as se comprometeron a recaudar cartos para o Domund durante a fin de semana. ¡ Fixeron un excelente traballo! Grazas a todos/as por colaborar! Aquí os podedes ver na ceremonia que fixemos na capela:

 

E recordade:

aínda que o día do Domund se celebrou o 20 de outubro debemos ser solidarios SEMPRE

 

Comparte esto:

6 Ed.Primaria