Skip to main content

De picnic no colexio: descifrando códigos

Hoxe, xoves 13 de Marzo, aproveitando o sol fixemos un picnic no campo do colexio. Os nenos de 6ºA de Ed. Infantil caracterizados de piratas levaron unha mensaxe nunha botella ós seus compañeiros de 6ºB, os cales tiveron que descifrar un código secreto para saber que dicía a mensaxe. Esperaban ansiosos a resposta dos seus compañeiros.

Ao descifrar a mensaxe, os nenos de 6ºB puxéronse moi contentos xa que os seus compañeiros de 6ºA os estaban invitando a merendar no campo do colexio. Rápidamente mandaron unha respota afirmativa.

Así todos xuntos puideron disfrutar dunha deliciosa e divertida merenda ao aire libre.

   
   

 

  {jcomments on}
 
Comparte esto:

Actividad Cultural, Curso 13/14, Educación Infantil