Skip to main content

«Día das Letras Galegas 2014»


 
O 16 de maio celebramos no colexio o «Día das Letras Galegas». Este ano adicóuselle a Xosé María Díaz Castro, un escritor nado en Guitiriz, de familia labrega e moi vinculada ás «Irmandades de Fala», grazas ao seu pai.

É autor dun único libro de poemas Nimbos, dentro do cal destaca o seu poema «Penélope». Nesta obra amosa a súa preocupación por Galicia e polos problemas do ser humano: o amor, a vida, a morte, o paso do tempo; así como a relixiosidade.
 
A razón pola que a Real Academia Galega lle adicou este día tan especial para os galegos, foi ter entregado a súa vida á investigación, ao ensino, á tradución e á defensa e uso que fixo do noso idioma.

Ademáis dos diferentes traballos en forma de poesías, debuxos e murales sobre a vida e obra deste autor que foron expostos nos corredores do centro, celebramos diferentes actos. Así os máis cativos puideron gozar dun pequeno festival organizado pol@s seus compañeir@s do 1º Ciclo de Primaria no que recitaron algúns poemas e onde os pandereteiros da «Asociación Cultural de San Cibran de Tomeza» interpretaron típicas cancións galegas.



Para celebralo os alumnos da ESO fixeron un acto no que se leu un manifesto, recitáronse varios poemas de escritores ilustres como Rosalía de Castro, Castelao,… e por suposto de Xosé María Díaz Castro; vimos un vídeo onde a cultura celta estaba presente; expúxose unha presentación multimedia coa vida e obra de Xosé María Díaz Castro e rematamos cantando, como non podía ser doutro xeito, o «Himno Galego».
 
Ademais os alumnos de 1º e 2º ESO realizaron unha serie de traballos sobre a vida e obra deste autor, algúns dos cales foron expostos nos corredores do colexio.
 
   
   
   
   
 
 
 

 + imágenes

 

Comparte esto:

6 Ed.Primaria