Trocalibros: Intercambio de libros de texto

O Concello de Pontevedra, a través das Concellarías de Benestar Social, Educación e Novas Tecnoloxías, pon en marcha unha páxina web de intercambio de libros de texto.

Esta iniciativa xurde do grande éxito que tivo o Banco de Libros Municipal en cursos pasados e que se deixou de realizar debido á implantación do sistema de préstamo por parte da Xunta. Este sistema de préstamo enche a demanda dunha parte da poboación pero, hai familias que non cumpren os requisitos esixidos e que están en disposición de poder intercambiar os libros. Por todo elo crease esta plataforma, trocalibros.pontevedra.gal na que as familias cuxos fillos e fillas estudan en centros educativos da nosa cidade se poidan poñer en contacto para intercambiar os libros.

O seu manexo é sinxelo. As familias deben facerse usuarios/as da plataforma e logo encher no sistema os libros que ofrecen e os libros que solicitan. Se eses libros foron ofrecidos por algunha familia o sistema lle facilita os datos de contacto.

Non se pode garantir que estean dispoñibles os libros que se solicitan. O éxito do sistema depende da achega das familias. Cantas máis familias e cantos máis libros se ofrezan máis opcións haberá para todas elas.

Hai unha serie de requisitos:

1.- Os escolares deben estar cursando estudos en centros educativos públicos e concertados da cidade.

2.- O intercambio abrangue os cursos dende 3º de Educación Primaria e ata 2º de Bacharelato.

3.- Os libros deben estar en bo estado.

4.- Non se pode pedir ningunha cantidade económica polos libros, o intercambio é de balde.

Como é o primeiro ano que se fai, e é unha experiencia bastante novidosa en todo o estado, pedimos que todos os aspectos que se consideren que se poidan mellorar de cara aos próximos cursos o fagan saber ao e-mail de contacto da plataforma.

Comparte esto:

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023