Optimización de recursos: Futuros mestres composteiros

Os titores de 6º Ed. Primaria, Manolo e Elisardo, e os seus alumnos/as convidáronnos a participar  os días 11 e 12 de decembro en dúas actividades relacionadas coa posta en funcionamento dun composteiro para a horta do cole. 

Estas propostas están organizadas pola Deputación de Pontevedra baixo o programa revitaliza, que ten como obxectivo a obtención de compost de maneira individual (fogar) ou comunitaria (concellos) e a explicitación de vantaxes como o aforro en fertilizantes, a reducción de custes na recollida do lixo, a disminución da contaminación ambiental, a mellora da saúde da terra e das plantas e a facilitación da reciclaxe.

Nunha primeira sesión escoitamos atentos as explicacións de María. Falounos da recollida selectiva do lixo, da estratexia das 3R (reducir, reciclar, reutilizar), das condicións para obter o compost, das fases e da temperatura ideal para o proceso e dos bichiños responsables de facer o traballo. 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Xa a pé da horta procedemos a montaxe de dous composteiros coa axuda de María e Tere.  Ensináronnos tamén a empregar o termómetro e o aireador e comentáronnos os posibles problemas que poden acontecer e as medidas de deberemos tomar.

 

    

 

  

 

 

 

 

Explicación sobre a temperatura e uso do termómetro 

 

 

 

Explicación dos problemas e medidas 

 

 

Co aireador 

 

 

 

 Apertura da porta para extraer o futuro compost 

 

 

Vertendo compost para reavivar o proceso 

 

 

Medindo a temperatura co termómetro 

Xa estamos preparados para por en funcionamento os composteiros cos restos da comida do comedor. Comezamos! 

Para unha información más detallada visitar a páxina da Deputación de Pontevedra

 

Comparte esto:

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023