Optimización de recursos: Futuros mestres composteiros
Os titores de 6º Ed. Primaria, Manolo e Elisardo, e os seus alumnos/as convidáronnos a participar os días 11 e 12 de decembro en dúas actividades relacionadas coa posta en funcionamento dun composteiro para a horta do cole.
Estas propostas están organizadas pola Deputación de Pontevedra baixo o programa revitaliza, que ten como obxectivo a obtención de compost de maneira individual (fogar) ou comunitaria (concellos) e a explicitación de vantaxes como o aforro en fertilizantes, a reducción de custes na recollida do lixo, a disminución da contaminación ambiental, a mellora da saúde da terra e das plantas e a facilitación da reciclaxe.
Nunha primeira sesión escoitamos atentos as explicacións de María. Falounos da recollida selectiva do lixo, da estratexia das 3R (reducir, reciclar, reutilizar), das condicións para obter o compost, das fases e da temperatura ideal para o proceso e dos bichiños responsables de facer o traballo.
Xa a pé da horta procedemos a montaxe de dous composteiros coa axuda de María e Tere. Ensináronnos tamén a empregar o termómetro e o aireador e comentáronnos os posibles problemas que poden acontecer e as medidas de deberemos tomar.
Explicación sobre a temperatura e uso do termómetro
Explicación dos problemas e medidas
Co aireador
Apertura da porta para extraer o futuro compost
Vertendo compost para reavivar o proceso
Medindo a temperatura co termómetro
Xa estamos preparados para por en funcionamento os composteiros cos restos da comida do comedor. Comezamos!
Para unha información más detallada visitar a páxina da Deputación de Pontevedra: