Coñecendo a fábrica de Clesa (Caldas de Reis)
Como xa sabedes, o pasado venres 10 de febreiro os alumnos de 3º de Educación Primaria fumos á Fábrica de Clesa.
Aínda que cando saímos do cole caían unhas pingueiras arriscámonos e decidimos poñer rumbo á Carballeira de Caldas de Reis para merendar.O tempo portouse moi ben con nós e saiu o sol. Estivemos un anaco de tempo e logo xa marchamos para a Fábrica,estabamos moi impacientes por ver todo o que nos esperaba.
Alí recibiunos Carlos e Quique,un escritor e ilustrador que nos amosaron a fábrica e contáronnos un conto e ata fixemos un debuxo dunha vaca cunhas instruccións que nos foron dando.
Tamén tomamos uns batidos riquísimos de chocolate e levamos uns iogures cun conto para casa.
Antes de chegar ao cole paramos no parque da Xunqueira a botar unhas carreiras.
Foi un día estupendo onde o pasamos moi ben e portámonos mellor.
Aquí deixamos unhas fotos que esperamos que vos gusten!
Apertas!
3 Ed.Primaria, Actividad Cultural, Curso 16/17, Salida Cultural