Charla coloquio sobre a crise dos refuxiados
O vindeiro mércores 16 de marzo, ás 18:00 h, no Salón de Actos do Colexio Sagrado Corazón de Placeres haberá un encontró aberto a todo o público con Alfonso Mascuñana Bordas. Alfonso acaba de chegar da Illa grega de Lesbos onde colaborou de voluntario vivindo en primeira persoa a situación dramática dos refuxiados.
Casado e con 3 fillas, este mestre de Filosofía xubilado e militante en diferentes colectivos a prol dos dereitos das persoas, partiu pola súa conta cara Lesbos despois empregar moito tempo en contactar a través de internet con colectivos que desenvolven tarefas de axuda na zona. Finalmente a través de Starfish Foudation, logrou o seu obxectivo e a principios do mes de febreiro chegou a Lesbos. Alí viu o sufrimento de milleiros de refuxiados inmersos nunha escapada da fame e da guerra: familias enteiras intentándose aferrar a única esperanza que teñen neste momento: Europa. Acaba de chegar de Grecia e non deixa de recibir chamadas de medios de comunicación e colectivos para que lle conten a súa experiencia…
Previamente, Alfonso manterá un encontro cos alumnos da ESO, os cales traballarán sobre o tema durante esta semana.
Actividad Cultural, Ciencias Sociales, Curso 15/16, Pastoral