Os maiores de Educación Primaria, en A Coruña

O pasado martes 16 de febreiro desprazámonos a Coruña para gozar dunha saída cultural moi interesante. A primeira visita foi á casa do home, a Domus, que é o primeiro museo interactivo do mundo dedicado ao ser humano. Xa dentro do edificio, obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki que ten máis de 200 módulos interactivos, divertímonos e reflexionamos sobre as características da especie humana. Tamén asistimos a unha sesión de cine en 3D sobre algunhas especies antepasadas xa desaparecidas.
 
 

 
O tempo acompañou a nosa visita e facilitou o desprazamento ao segundo lugar de visita, a casa dos peixes, ou o que é o mesmo, ao Aquarium Finisterrae. O Aquarium Finisterrae atópase na beira do océano Atlántico, a carón do histórico faro da Torre de Hércules, e nel atópanse diferentes especies mariñas da nosa costa e tamén foráneas. Acompañados dunha monitora, puidemos ter información de primeira man do que iamos vendo. 
 
Aquí quedan algunhas imaxes da nosa visita.
 
   
   
   
 

 

 

 

Comparte esto:

6 Ed.Primaria, Ciencias, Curso 15/16, Salida Cultural

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023