Os máis cativos na Finca Montero Ríos

Os nenos de 4 anos disfrutaron da natureza nun día de outono.Puideron observar distintas árbores os seus nomes e orixe, as suas follas, distintos troncos, plantas….
Descubriron o pazo da raíña «a» e o rei «u», a piscina onde se bañaba a princesa «i», a coviña onde se aseaba e se miraba nos espellos, a árbore onde lía.
Tamén descubriron a cova dos trasnos onde atoparon unha pequena fervenza.
Entraron nun invernadoiro para ver as carpas, plantas acuáticas e carnívoras.
Remataron a mañá merendando nas escaleiras do pazo e xogando coas follas, flores e froitos do outono.


