Acto de solidaridade coas víctimas do tifón Yolanda (Filipinas)

Coa canción «En mi debilidad» de Brotes de Olivo, recordamos aos damnificados no tifón que azotou Filipinas. Ás 10:00 da mañán toda a Comunidade Educativa concentrouse fóra das aulas para levar a cabo este acto. Os alumnos portaron pancartas de apoio e amosaron a súa solidaridade ao tempo que se facía lectura dun manifesto e un minuto de silencio que foi acompañado coa canción que ao longo da semana traballouse nas aulas. Posteriormente, polas mans dos alumnos pasáronse as caixas coas que se recolectaron os donativos para enviar a Filipinas. Un total de 522,44 €que supoñen unha pequena pero xenerosa axuda para evitar que o número de víctimas aumente por falta de recursos básicos e comezar a reconstrucción dun país desfeito nun 70%.

Cun forte aprauso remataron os alumnos este breve acto que a pesar do frío, deixou a quentura da solidaridade con aqueles que máis o necesitan.

[su_youtube_advanced url=»https://youtu.be/8D-UurOOAKc» width=»640″ height=»360″ controls=»alt» theme=»light»]

Comparte esto:

6 Ed.Primaria

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023