Skip to main content

«Traballando a Paz en 1 de Educación Primaria»

Como vos explicamos na reunión do pasado martes, estamos a traballar rutinas de pensamento na aula para favorecer o pensamento reflexivo e a creatividade.
Deixámosvos algunhas fotos da dinámica CSI (cor, símbolo, imaxe). Nesta rutina pídese aos alumnos/as que identifiquen e reflexionen sobre a esencia das ideas mediante o uso dunha color, un símbolo e unha imaxe que represente estas ideas.
Pódese empregar para mellorar a comprensión de textos, videos ou audicións. A síntese ocorre cando os alumnos/as seleccionan unha soa cor, un só símbolo e unha soa imaxe para representar tres ideas importantes. Trala rutina pódese debatir sobre as súas eleccións de modo que teñan que argumentalas e defendelas.

Aquí podedes ver aos nenos/as de 1ºPrimaria realizando un CSI sobre un poema da Paz.


   
     
     
     
Como vedes os nenos/as non só aprenden e reflexionan con este tipo de rutinas, senón que tamén gozan realizándoas e participando nelas.
Comparte esto:

Trabajos