Deixamos aquí o resumo feito por unhas alumnas sobre a saída á Coruña realizada o 6 de febreiro.
O venres 6 de febreiro, os alumnos de 6º de E.P visitamos a Domus e o Aquarium de A Coruña.
Saímos do colexio ás 9:00 e durante a viaxe estivemos xogando, falando cos nosos compañeiros, vendo a paisaxe e sobre todo estivemos impacientes por chegar.
Chegamos ás 10:30, o autobús deixounos fronte a Domus, e sen pensalo dúas veces entramos rapidamente.
Dentro vimos moitas cousas: un xogo de relaxación, un xogo para medir a velocidade do teu tiro de fútbol, un corazón xigantesco, aparellos onde te podías medir ou pesar… e tamén vimos unha película 3D sobre avións.
Ao mediodía xantamos nunha zona que nos deixou a Domus. Había unhas vistas espectaculares, pois dende a cristaleira podíase ver a praia de Riazor. Ao rematar de xantar subimos ao autobús, que nos deixou no Aquarium.
Xa dentro un monitor foinos ensinando todo o aquario e explicándonos como vive e se alimenta cada peixe. Puidemos ver tiburóns, polbos, arañas de mar… Aproveitando que non chovía fomos ver as focas fóra e despois saímos do aquario e entramos no autobús para volver a Pontevedra.
A viaxe de volta foi un pouco larga, pois todos estabamos esgotados deste inolvidable día. Ao chegar ao colexio xa estaban os nosos pais para recollernos, estabamos colorados, pois no autobús ía moita calor.
Foi un día moi divertido e moi esgotador, pasámonolo xenial.
O venres día 6 de febreiro, os alumnos de 6º de primaria fomos de excursión a Coruña. Visitamos a Domus e o Aquarium. Na Domus fixemos un montón de cousas: había unha proba de salto na que hbía que saltar e chegar ao botó máis algo que poideras, unha báscula que pesaba indicando os índices de grasa e azucre … Despois fomos comer e cando rematamos fomos ver unha película.
No Aquarium visitamos distintas salas con peixes variados. Nunha sala había un tiburón, era o que máis chamaba a atención no medio doutros peixes pequenos. Nesa excursión pasámolo xenial e aprendemos un montón de cousas.