Skip to main content

Final do concurso «Un Juguete, Una Ilusión

A organización do concurso de contos “un juguete, una ilusión” informou hoxe do gañador final da XI edición do certame. Así o relato “Las siete manchas” do Colexio Santísima Trinidad de Plasencia (Cáceres), resultou ser o gañador na categoría na que a clase de 6ºA de Educación Primaria do Sagrado Corazón de Placeres era finalista.

Dende aquí queremos felicitar aos rapaces do Colexio Santísima Trinidad polo seu fabuloso relato. Ademais congratulámonos por ser finalistas do certame que este ano superou o milleiro de contos e non podemos deixar pasar por alto o agradecemento a todos os alumnos compañeiros doutras aulas, a nais, pais, profesores e veciños das localidades próximas ao colexio pola súa implicación e ilusión compartida. Foi sen dúbida unha ledicia que recordaremos sempre e nos alentará a continuar creando. MIL GRAZAS DENDE A NOSA AULA!!
Comparte esto:

Concursos