
«2 ESO no Pazo da Cultura: Impreuna»
Hoxe os alumnos de 2º ESO asistiron á representación teatral da obra «Impreuna» da compañía «PistaCatro», que tivo lugar no Pazo da Cultura. O espectáculo está ambientado na época actual e está mergullado integramente nos códigos artístiscos do circo (malabares, aéreos, acrobacias e clown), todo isto sen renunciar á fusión con outras artes vivas como a danza, o teatro físico e a comedia.
En definitiva, unha proposta fresca, bonita, trepidante, moi plástica e orixinal, grazas á cal tanto os profesores como os alumnos que asistimos a ela gozamos moito.