
«Kokoleoko e os yembés»
O pasado mércores 4 de Xuño os nenos/as de 5º de Ed Infantil e a aula Amarela disfrutamos dunha sesión musical diferente.
Primeiro partimos da canción Kokoleoko, unha canción típica africana. Despois o profe Rubén tróuxonos un par de yembés e aprendemos como se facían, como soaban… estivemos moi atentos ás súas explicacións.
A continuación os nenos/as puideron experimentar por eles mesmos os distintos sons que producían os instrumentos e os distintos ritmos que producían.