«De excusión ao Vigozoo»


O mércores 4 de Xuño, os nenos/as de 4º de Educación Infantil máis os da Aula Vermella fomos de visita ó Zoo da Madroa en Vigo.

Saímos do colexio coas nosas mochilas cargadas de ilusión e de ricas merendas, que tomamos alí, nada máis chegar, para coller forzas.

 

 
Despois da merenda dirixímonos á entrada, onde nos agardaban dous agradables monitores que nos guiaron por todo o recinto e nos ensinaron moitas curiosidades sobre os animais que atopabamos polo percorrido. Algúns escondíanse ó sentirnos chegar, pero outros, coma os osos exhibíronse a placer. 
 
 

     
     

 
 
 
Voltamos para o cole algo cansos, pero con ganas de coñecer máis cousas dos animais.

 

Comparte esto:

Salida Cultural

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023