Skip to main content

«Preparando as probas de selección do Proxecto Estalmat’14»

O martes pasado, día 8, uns rapaces de 6º de Ed. Primaria e de 1º da ESO acudiron ao centro para preparar as provas de selección para o Proxecto ESTALMAT-Galicia (EStímulo do TALento MATemático); pero ¿en qué consiste este proxecto?

O proxecto comezou no ano 2007. Nel participan profesores universitarios e de ensinanza secundaria. Aproximadamente en maio de cada ano realízanse unhas probas de selección a nivel galego entre alumnado de 6º de Primaria e 1º ESO nas que se escollen a 25 rapaces da comunidade que presentan unhas aptitudes para as matemáticas sobresaintes. Estes nenos, asisten a partir do curso seguinte e durante dous cursos, a unha serie de clases específicas que pretenden desenvolver as súas capaciadades para esta materia. Esas clases impártense na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela os sábados de 10:30 ás 14:00 h en varias sesións ó longo do ano.
 
Desde este colexio participamos no programa en dous niveis:

  • O profesor Gaspar M. Antelo Bernárdez pertence ó equipo docente de ESTALMAT-Galicia impartindo as súas clases na facultade a este grupo de alumnos.
  • Como alumnos, participando nas probas de selección, e no caso de ser seleccionados asistindo ás clases.

Para preparar as probas os alumnos interesados terán o acompañamento dos profesores de matemáticas do centro, que lles explicarán técnicas de resolución de problemas axeitadas para os tipos de preguntas que se poden atopar na selección.

Os problemas das probas de anos anteriores pódense atopar na páxina web de Estalmat.
{jcomments on}

Comparte esto:

Matemáticas