«Organizando un Teatro. Educación Infantil»

 
Nesta 4ª Unidade sobre os Medios de Comunicación, os alumnos/as de 5ºA de Infantil traballaron tamén o TEATRO.

 
Investigaron sobre todo o que é necesario para facer unha obra: escenario, butacas, carteis publicitarios, actores, decoración, expresións das emocións, etc.
 
Grazas a toda esta investigación os nenos/as tiveron a idea de facer eles mesmos un pequeno teatro e de pedirlle a Juan (da Aula Verde) que nos axudara na representación.
 

O primeiro que fixeron foi a creación dun mural e cartel publicitario co:

  • Título da Obra: Os sete cabritiños.
  • Lugar: 2ºA de Inf.
  • Data: Venres 28 de Marzo
  • Prezo: 1€ (pintado)


Logo viñeron os ensaios e a creación do dalgúns decorados.



E finalmente chegou o día da obra: os actores preparados, os decorados colocados, o público comezaba a encher as butacas, silencio e….¡Arriba o telón!
 
Moitísimas grazas a todo o público que asistíu e a Juan da aula verde que tan ben representou ó Lobo.
 
   
   

 

{jcomments on} 

 

Comparte esto:

Trabajos

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023