Skip to main content

«Pere Tobaruela, un escritor comprometido»

O pasado 7 de xuño os alumnos de 3º de ESO tiveron o grande privilexio de poder asistir no noso centro a unha conferencia dada polo escritor Pere Tobaruela. Este home barcelonés e licenciado en Xeografía e Historia, está afincado na nosa terra, concretamente en Rois, dende hai xa sete anos. Autor de máis de corenta obras, publicadas en tres idiomas: galego, castelán e catalán, destaca especialmente por estar comprometido co mundo e por denunciar as grandes inxustizas que teñen lugar nel. Proba diso é a obra lida este ano polos alumnos de 3º de ESO, titulada Na cerna da selva, onde Pere amosa o dano que o home pode facer non soamente aos animais, simplemente por gañar cartos, senón tamén a outros homes con tal de saírse coa súa. Durante a súa charla Pere insistiu moito na necesidade de que utilicemos “a cachola” para razoar e non deixarnos enganar polos intereses dos demais; así como da marabillosa terra que temos, da cal el está namorado, e do importante que é defender a nosa lingua para que os nosos descendentes poidan gozar dela como nós o podemos facer agora.
 
Sen dúbida unha lección por parte dun home que aínda que non é galego de nacemento si o é de corazón.

{jcomments on} 

Comparte esto:

ESO