«Visita ao Salón do Libro»

 
 

Os nenos de Educación Infantil participaron no Salón do Libro. Este ano a temática eran as MÁQUINAS, e os nenos crearon un tren das emocións. Cada aula, inventou un conto, e cada conto, falaba dunha emoción. Os contos subiron ao tren, e este foi pola vía ata o Auditorio de Pontevedra, onde se expoñían os traballos de todos os coles.

E aquí están os autores, no percorrido que fixeron, diante do seu tren; antes tiveron sesión de conta-contos; puideron pedir un desexo na máquina dos desexos, e ver como eran por dentro as computadoras e os reloxos. Os nenos gozaron con todo o proxecto.

 

Comparte esto:

Trabajos

SAGRADO CORAZÓN PLACERES

Colegio Sagrado Corazón Placeres
Barrio do Cabo, Rúa da Praia nº 8
36910-Pontevedra  
Tfno: 689 12 46 81

Tfno: 986 88 13 49

LOCALIZACIÓN

© Sagrado Corazón de Placeres 2023