Skip to main content

«Xornadas de hípica na Educación Especial»

 
Un ano máis, e xa é o terceiro, os nenos e nenas de Educación especial están a desenvolver a actividade de equitación. Temos programada unha sesión por trimestre, aínda que a eles lles parece pouco.

 

 
No primeiro trimestre desprazámonos ata Pontecaldelas, onde desenvolvimos a actividade na hípica “Amazonas”. Os nosos obxectivos con esta actividade son moitos, pero poderiamos salientar os siguientes:
  • Mellorar as habilidades comunicativas e de relación dos alumnos.
  • Mellorar o control das emocións e postural.
  • Traballar a autoestima e potenciar a confianza nun mesmo.
  • Instaurar un novo marco de desenvolvemento persoal e unha nova proposta de ocio e tempo libre.

Na hípica “Amazonas” os nenos/as desenvolveron a actividade cunha aproximación progresiva. Comezamos visitando as cortes e tendo así o primeiro contacto co animal. Continuamos coa monta, traballando simultaneamente con catro cabalos na pista. E rematamos co cepillado dos animais, cando o nivel de confianza con eles é xa de moita complicidade.
 
Para esta actividade precisamos de todo o equipo de Educación Especial, ademais de monitores especializados neste tipo de alumnado. A actividade está financiada, case na súa totalidade, polos obradoiros de EE que obteñen todos os seus recursos da venda na tenda de Nadal.
 
As imaxes dino todo: risas, nervios e moita, moita superación persoal; estes son os agasallos deste día inesquecible para os nosos alumnos. Así, na viaxe de regreso, os maiores xa querían saber a data da próxima monta. Son xeniais!

 {jcomments on}

Comparte esto:

Salida Cultural